Os HP xw9400 estrean os procesadores AMD Shanghai

luns, 24 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Os novos procesadores de 4 núcleos de AMD están de estrea grazas a HP, que nas súas estacións de traballo xw9400 incorpora procesadores AMD Opteron de 2 ou 4 núcleos (segundo configuración) polo que serían os primeiros equipos completos deseñados para tirar proveito da tecnoloxía de 4 núcleos de AMD coñecida polo nome chave de Shanghai.
Estes equipos se poden configurar con ata 32 Gb de RAM, disco duro de 250 ou 500 Gb (contando cun total de 5 espazos internos para dispositivos de 3,5 polgadas, 2 con acceso exterior), gravadora de DVD, tarxetas gráficas nVIDIA Quatro con ata 1 Gb de memoria e fonte de alimentación de 800 ou 1.050 vatios (cumprindo tamén coa norma ENERGY STAR de eficiencia enerxética).
Aínda que os HP xw9400 se vende por prezos que parten dos 2.399 dólares, é preciso gastar a partir de 4.699 dólares para gozar da tecnoloxía de 4 núcleos de AMD no seu interior, polo que queda clara a orientación profesional deste tipo de equipos, de xeito que deberemos agardar a 2009 para ver a versión de consumo desta tecnoloxía.

PUBLICIDADE