Os Oppo Reno3 e Reno3 Pro presumen de 5G
xoves, 26 de decembro do 2019
Estas
datas non son festivas na China, de aà que non cesen as novidades de fabricantes
como Oppo, que presenta hoxe os seus novos móbiles Reno3 e Reno3 Pro, que
destacan especialmente por contar con conectividade 5G, deixando clara cal vai
ser a tendencia entre os móbiles que van chegar ao mercado ao longo de 2020.
O Oppo Reno3 é o
terminal máis discreto, cunha pantalla de 6,4 polgadas, procesador MediaTek,
8/12 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno, cámara traseira cuádrupla de
64, 8, 2 e 2 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles integrada nunha pequena
pestana superior central, Wi-Fi AC, NFC, Bluetooth 5.1, lector de pegadas en
pantalla e baterÃa de 4.025 mAh con carga rápida VOOC 4.0, que ten un prezo de
3.399 iuans (438 euros) con 8 GB de RAM, e de 3699 iuans (476 euros) con 12 GB
de RAM.
Pero resulta bastante máis atractivo o Oppo Reno3 Pro, cunha
pantalla AMOLED Full HD+ de 6,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 765G,
8/12 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, cámara traseira cuádrupla de 48,
13, 8 e 2 MpÃxeles con zoom hÃbrido de 5x, cámara frontal de 32 MpÃxeles nunha
perforación na parte superior esquerda da pantalla, lector de pegadas en
pantalla, Wi-Fi AC, NFC, Bluetooth 5.1, baterÃa de 4.025 mAh e baterÃa de 4.025
mAh con carga rápida VOOC 4.0, que ten un prezo de 3.999 iuans (515 euros) para
o seu modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno, e de 4.499 iuans
(579 euros) para o modelo con 12 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno.
Uns smartphones dispoñibles en 4 cores distintas, que serven de exemplo do que
será a vindeira gama media premium, que chegará a prezos máis axustados
nos vindeiros meses a través doutras marcas (lembremos que Realme pertence á
mesma matriz de Oppo, pero ten uns prezos moito máis agresivos), polo que os
móbiles con altas prestacións e 5G están cada vez máis pretos dos consumidores,
mentres que a vindeira xeración de telefonÃa móbil terá como principal
limitación aos operadores de telefonÃa móbil, que estenderán as infraestruturas
5G dun xeito progresivo durante varios anos, a un ritmo moi semellante ao que
puidemos ver co 4G no seu dÃa.