Os Windows Phone de Nokia poderían funcionar con procesadores de ST-Ericsson

venres, 20 de maio do 2011 Marcus Fernández

A meirande parte dos smartphones con sistemas operativos como Android ou Windows Phone 7 están a chegar ao mercado con procesadores Snapdragon de Qualcomm, pero este fabricante podería perder a súa hexemonía entre estes últimos, pois Carlo Bozotti de STMicroelectronics asegura que Nokia utilizará hardware de ST-Ericsson para facer funcionar os seus futuros terminais con Windows Phone 8 (aínda que a vindeira iteración de Windows Phone aínda non ten nome oficial nin data de lanzamento).
O primeiro chipset de ST-Ericsson que aparecería nun Windows Phone de Nokia sería o U8500, un procesador de dobre núcleo que está á altura dos de Qualcomm, e que ofrece múltiples tecnoloxías sen fíos (Wi-Fi, Bluetooth, GPS e HSPA+) nun formato moi compacto.

PUBLICIDADE