Os altofalantes NuForce S3-BT conseguen son con calidade CD a través de Bluetooth

mércores, 17 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Os melómanos en poucas ocasións están satisfeitos coa calidade de son que achegan os dispositivos Bluetooth, e para axustarse máis ás súas demandas dende NuForce presentan os seus altofalantes S3-BT, que fan uso dos últimos codecs aptX e ACC para conseguir unha transmisións do audio por Bluetooth con claridade e sen distorsións, permitindo escoitar con calidade CD a música que teñamos almacenada nun iPhone, iPod Touch, iPad ou dispositivos con Android.
Estes altofalantes Bluetooth 4.0 están fabricados con materiais de calidade e cun deseño intelixente, o que permite que evitar resonancias e distorsións, conseguindo un son natural, á vez que conta cunha aparencia elegante, estando dispoñibles en cor branca ou negra dende o 31 de outubro por 299 dólares.
Para tirar un maior aproveitamento destes altofalantes, tamén contan con entradas analóxicas para poder conectalos ao televisor ou a outros dispositivos de lecer electrónico, e incluso contan cun porto USB cunha saída de 1 A para poder cargar os nosos trebellos electrónicos.

Os altofalantes tamén poden recibir audio mediante conexións analóxicas e inclúen un porto USB de carga

PUBLICIDADE