Os altofalantes de Google por fin falan español

luns, 11 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Aínda que o ruxerruxe apuntaba a que o primeiro altofalante con asistente virtual en chegar a España sería o Amazon Echo con Alexa, co que están a desenvolverse probas actualmente que apuntan ao seu inminente lanzamento, durante a fin de semana os usuarios de altofalantes Google Home mercados fóra de España puideron ver como medraban as opcións de configuración do seu dispositivo, de xeito que xurdían como opcións de idioma as variantes do español de EE.UU., México e España, de xeito que estes trebello xa poden empregarse en español sen problema, o que da a entender que en poucos días estrearanse na tenda oficial en liña de Google.
Lembremos que hai poucos días El Corte Inglés listou na súa páxina web varios produtos de Google, entre os que figuran os Google Home, o que entendeuse claramente como un lanzamento inminente dos Google Home e Google Home Mini a prezos de 149 e 59 euros respectivamente, aínda que non sería de sorprender que durante a súa estrea haxa algunha promoción, xa que competirán nos vindeiros meses cos Amazon Echo, que é moi probable que na súa estrea gocen dun 50% de desconto (como aconteceu no seu lanzamento francés) facéndoos uns produtos moi atractivos para a súa compra, e animando aos consumidores a dar unha oportunidade aos asistentes virtuais no fogar.

PUBLICIDADE