Os anteollos de ezVision permiten cumprir co soño do cinema portátil

mércores, 18 de xullo do 2007 Matías Olazabal

Para aqueles que consideren que mirar vídeos ou fotos nunha pantalla de móbil ou nun reprodutor mp4 non ten moito xeito, a xente de ezVision vén de desenvolver o Video iWear, uns anteollos -dignos de figurar en Blade Runner- que permiten simular o efecto dunha pantalla de 50 polgadas…case nada.
O sistema consiste simplemente nuns lentes con dúas pequenas pantallas independentes dentro das cales pódense reproducir os nosos vídeos dende un mp4. En canto ao audio, o Video iWear incorpora auriculares debaixo das patillas, permitindo unha sensación de mergullamento nos vídeos e un “desvincularse” de xeito completo do mundo exterior.
Os anteollos, que se axustan do mesmo xeito ca unhas tradicionais, pesan 68 gramos, e a batería interna coa que opera todo o sistema dura até 8 horas. O sistema tamén inclúe una serie de adaptadores para conectar os mesmos a Ipods, consolas de xogos, ou reprodutores de DVD.
Este sistema de cinema portátil vendese na rede por 221,93 € máis gastos de envío.

PUBLICIDADE