Os auriculares Pixel Buds chegan por fin ao mercado
luns, 27 de abril do 2020
Durante
a presentación do Pixel 4
deuse contan dun interesante accesorio, os auriculares Google Pixel Buds, á vez
que advertÃase
que non chegarÃan ao mercado até primavera de 2020, e semella que este lanzamento
será inminente, xa que a
súa aplicación oficial xa está dispoñible na tenda de aplicacións de Google
Play e o
produto xa aparece listado nalgunhas tendas en liña.
Estes novos auriculares sen fÃos prometen unha grande calidade de son, chamadas
moi nÃtidas e un uso do Asistente de Google moi cómodo (poderase invocar ao
asistente mediante unha orde oral). Tamén serán compatibles coa tradución en
tempo real de Google, son resistente á auga e á suor, a súa baterÃa permite até
5 horas de uso que pode ampliarse até 24 horas grazas ao seu estoxo de carga e
o seu prezo nos EE.UU. será de 179 dólares, descoñecéndose o prezo que terá en
Europa, aÃnda que sendo bastante previsible que chegue en unidades bastante
limitadas.
- Os novos auriculares sen fÃos de Google buscan ser un complemento de uso diario que faciliten o uso do Asistente de Google e conten con funcións como a tradución en tempo real
ACTUALIZACIÓN: A poucas horas da publicación deste texto realizouse o lanzamento dos novos Pixel Buds no mercado estadounidense, á vez que publicáronse as primeiras análises do produto, confirmando que son auriculares cunha boa calidade sonora, pero sendo o Asistente de Google o seu grande punto forte (especialmente na funcionalidade de tradución en tempo real, que aseguran que mellorou moi en velocidade fronte aos anteriores auriculares de Google).
Tamén é unánime comentar que se para o iPhone os auriculares máis recomendables son os AirPods, para os móbiles Pixel estes novos auriculares tamén serÃan os máis atinados.