Os auriculares Pulse 3D terán versión Midnight Black

mércores, 15 de setembro do 2021 Marcus Fernández

A PlayStation 5 chegou ao mercado cunha carcasa de cor predominantemente branca, con detalles en negro e iluminación en azul, de aí que os auriculares Pulse 3D chegasen tamén mesturando as cores branca e negra, pero a imposición destas cores parece estar destinada a desaparecer, polo que confíase en que pronto vaian estar dispoñibles consolas noutras combinacións cromáticas, como deron a entender os mandos DualSense que chegaron ao mercado en xuño, entre os que destacaba un de cor negra combinada con gris, ao que seguirán uns auriculares Pulse 3D en core Midnight Black.
Confíase en que os novos auriculares estean dispoñibles globalmente a partir do mes que vén, aproveitando Sony a súa presentación para destacar que a última actualización da PS5 inclúe unha nova función de control da ecualización de son, que permite que os usuarios poidan alternar entre distintos axustes (inclúen 3 axustes predefinidos, pero tamén permite gardar até 3 axustes personalizados) dende o centro de control sen saír dos xogos.

Vídeo promocional dos novos auriculares para PlayStation 5

PUBLICIDADE