Os creadores de Among Us cancelan a súa secuela para mellorar o xogo orixinal

xoves, 24 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Durante o verán houbo dous xogos que convertéronse en todo un fenómeno, Fall Guys e Among Us, sendo especialmente salientable o segundo, por ser un título lanzado en agosto de 2018, e que nas últimas semanas púxose de moda grazas a que numerosos streamers fixeron ver o divertido que podía ser esta produción independente.
Aínda que inicialmente o éxito de Among Us levou a que Innersloth anunciase a súa secuela, Among Us 2, novo xogo que pretendía solucionar as limitacións da primeira entrega (que non se deseñou para o éxito que está a ter), pero finalmente decidiron mudar de idea e cancelar a secuela para esforzarse en mellorar o xogo orixinal, ou sexa, que o contido que prevían incorporar a Among Us 2 chegará a Among Us, o que suporá un esforzo bastante grande, xa que teñen que reconstruír partes do núcleo do xogo.
Os desenvolvedores de Among Us decidiron seguir a opción máis complexa, aproveitando así a grande base de usuarios que están a congregar (actualmente teñen entre 70 e 110 mil usuarios por hora) e incluso incrementándoa con melloras nos servidores, soporte para daltónicos, un sistema de contas de usuarios con xestión de amigos e incluso un novo escenario para o xogo.

PUBLICIDADE