Os discos duros de escritorio de Western Digital chegan até os 44 TB de capacidade
mércores, 15 de febreiro do 2023
Western
Digital está a ampliar a súa familia de discos duros externos de escritorio
incrementando a súa capacidade para atender a crecente necesidade de
almacenamento de grandes volumes de datos incluso no mercado de consumo. Tendo
en conta que cada vez creamos máis contidos, e o volume de almacenamento que
precisamos para poder gardar todas as fotografÃas e vÃdeos que xeramos no
ámbito familiar, os discos duros máis habituais e os almacenamento na nube
quedan claramente curtos, de aà que teña sentido que vendan unidades de
almacenamento de máis de 20 TB de capacidade.
Deste xeito temos que o disco
duro My Book pasa a estar dispoñible até cunha capacidade de 22 TB, modelo
que pode mercarse por 685,99 euros. Esta unidade ten conectividade USB 3.2 Gen
1 e USB 3.0. O seu deseño resulta moi discreto, e inclúe software que facilita
a creación de copias de seguridade ou a protección de contidos con contrasinal.
Cun formato semellante tamén chega aos 22 TB o disco
duro WD Elements cun prezo de 657,99 euros, aÃnda que desta volta o disco
conta con conexión USB 2.0 e USB 3.0, polo que podemos entender que ten un
rendemento inferior (xa que carece do
modo SuperSpeed que permite transferencias a 5 Gbps).
Pero o produto máis relevante dos renovados é o disco
duro My Book Duo, que agora véndese cunha capacidade de até 44 TB a un
prezo de 1.703,99 euros, sendo realmente dous discos duros conectados como RAID
0 dentro dunha mesma carcasa, podendo optar o usuario por unha configuración en
RAID 1 (ou sexa, co contido duplicado para unha maior seguridade) ou como 2
discos independentes.
Estamos ante un disco duro externo compatible con SuperSpeed a 5 Gbps que tamén
pode funcionar como estación para accesorios, xa que integra un concentrador
USB, de xeito que podemos aproveitar a unidade para conectar accesorios ao
ordenador como un teclado ou un rato (o que resulta práctico en equipos con poucos
portos).
Obviando o feito de que este tipo de unidades aÃnda teñen un prezo excesivo,
pensar que para usuarios particulares xa venden discos duros de 44 TB dá a entender
que cada vez é máis complicado poder manter o control de todos os nosos
contidos dixitais, especialmente de cara á súa preservación a longo prazo.
VÃdeo promocional das unidades WD My Book Duo