Os dominios .gal poden gozar de balde da tecnoloxía de tradución automática de Opentrad

luns, 5 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Os directores xerais de PuntoGal, Darío Janeiro e o dos desenvolvedores de Opentrad, imaxin|software , Diego Vázquez, asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar o uso do galego no entorno dixital. Mediante este acordo búscase aproveitar os avances en tradución automática en relación co galego para incorporar esta lingua ás páxinas web con dominio PuntoGal.
A través do acordo os usuarios de páxinas web co dominio .gal poderán ter acceso de balde ao plugin de WordPress de Opentrad que facilita a configuración en varias linguas da mesma páxina web e a súa tradución automática (cun límite de 25 mil palabras/mes), de xeito que tanto se facilita que unha páxina web en galego estea dispoñible noutras linguas, como facer que páxinas web outras linguas poidan traducirse rapidamente ao galego para facer un uso axeitado do dominio .gal para comunicarse coa sociedade galega.
No acto de sinatura, Darío Janeiro manifestou que “este é so un primeiro paso para facer máis doada a presenza do galego nunha das plataformas máis populares, robustas e usadas na rede”, destacando “a facilidade de uso e a fiabilidade do sistema tradución, froito dunha estreita colaboración con Opentrad nestes últimos anos”.
Pola súa banda, Diego Vázquez destacou as enormes posibilidades que a tradución automática e outras ferramentas da lingua ofrecen os galegos e dende Opentrad estamos felices de poder colaborar con PuntoGal para que os usuarios de WordPress dispoñan de xeito integrado o noso sistema de tradución.
A posta en marcha e extremadamente sinxela: chegan con solicitar o plugin e activar a conta de Opentrad, para logo seguir as instrucións de configuración deste engadido para WordPress.

PUBLICIDADE