Os empresarios de Redondela apostan polas TIC para fomentar o emprego

venres, 8 de xaneiro do 2021 S. P.

A Asociación de Empresarios de Redondela comeza o ano con formación tecnolóxica para fomentar a contratación e o emprendemento no concello e máis na provincia. Trátase dun Programa Integrado de Emprego non que as persoas interesadas xa poden solicitar a súa participación e que inclúe catro percorridos temáticos, incluído un específico de TIC que vén con accións piloto para capacitar tecnoloxicamente aos participantes e desenvolver as súas habilidades dixitais. A través deste programa quérense cubrir todas as franxas de idade, aínda que se vai poñer o foco, especialmente na xente nova, que encherán case a metade das prazas dispoñíbeis.
As solicitudes para participar ponde facerse xa través da web da asociación.
En termos concretos, o Programa Integrado de Emprego de Asociación de Empresarios de Redondela é unha iniciativa dirixida a un colectivo de 100 persoas desempregadas para a mellora da inserción laboral. Porase o foco nas (entre outras) seguintes cuestións: información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías da información e/ou idiomas; técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; haabilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; ou fomento da capacidade emprendedora.

PUBLICIDADE