Os novos TPV de Casio funcionan con Android 2.2
venres, 21 de outubro do 2011
AÃnda que esteamos afeitos a ver o sistema operativo Android
en móbiles e tablets, tamén é posible a súa aplicación para usos máis
concretos, como demostra Casio co lanzamento do terminal
VX-100 EPOS, que chegará ao mercado en decembro, e que busca servir para
axudar en tarefas de atención ao cliente, xestión de reservas e aplicacións de
dirección de vendas, que resulta ideal para as PEME e que pode funcionar tanto
de xeito independente como conectado a unha rede corporativa.
Este terminal compacto baséase nunha pantalla táctil de 10,4 polgadas cunha resolución
de 800 x 600 pÃxeles, un procesador ARM Cortex A9 de dobre núcleo a 533 MHz,
512 Mbytes de RAM, 2 GB de ROM, unha pantalla LCD secundaria que pode amosar 20
letras en 2 liñas, unha impresora térmica, Fast Ethernet, USB e lector de
tarxetas SD, que poderÃa empregarse como TPV (será posible mercalo cun caixón
para os cartos), resultando tamén axeitado para a recepción dun hotel ou un
servizo de atención ao cliente, e contando incluso coa posibilidade de
controlarse a distancia a través de correo electrónico (para efectuar tarefas
automatizadas como comprobar as vendas dunha localización en concreto).