Os novos WiDRIVE achegan as descargas de BitTorrent a discos de 2,5 polgadas

venres, 11 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

EDS Lab renova a súa oferta de caixas para discos discos duros WiDRIVE, que incorporan agora os modelos PX-100 e DX-225, de 1,8 e 2,5 polgadas respectivamente. Pero este accesorio que nos permite converter un disco duro interno en disco Wi-Fi (o que permite acceder ó mesmo dende a nosa rede sen fíos doméstica) destaca na súa nova versión por incorporar estándares de rede como DHCP, WebDav, UPnP e Bonjour, así como incorporar un servidor web, un cliente que descarga os nosos podcasts favoritos mediante RSS e mesmo un cliente da rede BitTorrent, de xeito que podemos realizar as nosas descargas aínda que teñamos o noso ordenador apagado.

PUBLICIDADE