Os novos televisores de Xiaomi integran Fire TV
luns, 30 de maio do 2022
Tras o éxito comercial dos televisores Xiaomi TV P1 e P1E, o
fabricante chinés sorprende cunha nova liña de televisores, os Xiaomi TV F2, que en vez de
funcionar con Android TV optan por integrar Fire TV, ou sexa, que deixan de
lado a Google para apostar polo control por voz de Alexa.
Estamos ante televisores con deseño dunha única peza sen lÃmites (ou sexa, con
biseis moi reducidos), con pantalla 4K, compatibles con AirPlay, Miracast,
Dolby Audio, DTS-HD e DTS-Virtual:X e HDR10, que funcionan cun procesador
MediaTek MT9020 con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento, con sistema operativo
Fire OS 7 (que permite gozar da meirande parte de aplicacións de reprodución de
contidos audiovisual como Netflix, Prime Video, YouTube, Disney+...) e incluso
conta cun son de certa calidade cos seus dous altofalantes de 12 watts. O seu
mando a distancia combina Bluetooth e infravermellos (de xeito que permite
controlar máis dispositivos cun único mando) e conta con micrófono para poder recibir
ordes por voz.
Estes televisores chegan hoxe ás tendas españolas en tamaños de 43, 50 e 55
polgadas a un prezo promocional de lanzamento de 339, 379 e 419 euros
respectivamente.
- O mando dos televisores Xiaomi TV F2 permite falar con Alexa para dar ordes de voz ao televisor e á electrónica doméstica