Os organizadores do Pantín Classic buscaron no MWC Barcelona tecnoloxía que aplicar ao surf

xoves, 28 de febreiro do 2019 Redacción

O Club Praia de Pantín, coordinadores dos eventos da World Surf League en España e organizadores do Campionato do Mundo de Surf máis importante de España formou parte da expedición de Intermax Technology ao MWC Barcelona na procura de desenvolvementos tecnolóxicos que poidan ter encaixe nos seus eventos.
Dende a organización sempre dedican áreas diferenciadas non só ao aspecto meramente deportivo do surf, senón que dedican áreas do evento ao turismo, a ecoloxía e unha das máis importantes tamén á tecnoloxía, de aí que acudisen da man de Intermax ao Mobile World Congress, para localizar aquelas innovacións tecnolóxicas que poidan implementar na edición de 2019 do mesmo xeito que xa se fixo co Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) en 2016. A vindeira edición do Pantín Classic, na que poderán verse as innovacións que atopen estes días, celebrarase do 28 de agosto ao 7 de setembro de 2019.

PUBLICIDADE