Os reloxos Pebble estrearán versión premium este mes
martes, 7 de xaneiro do 2014
A febre dos smartwatches
comezou en boa medida co Pebble, que foi o
proxecto que máis cartos recibiu ata o momento a través de KickStarter, e
que continúa a prosperar, aproveitando
a súa presenza do Consumer Electronics Show (CES) de Las Vegas para dar a
coñecer interesantes novas sobre os seus dispositivos, como o feito de que
están a preparar unha tenda de aplicacións, que recollerá as ferramentas que
existen para iOS ou Android que son compatibles cos reloxos de pulso de Pebble
e que asà serán máis doadas de localizar para a súa instalación.
Pero máis significativo é o feito de que, tras vender máis de 300.000 reloxos
con acabado plástico, dende Pebble consideren que é preciso contar cun modelo premium e permitan xa a reserva do Pebble Steel, que continuará a gozar
dunha pantalla de tinta electrónica (para un reducido consumo e unha boa
visibilidade en exteriores, que vén reforzada por Corning Gorilla Glass e un
recubrimento anti-pegadas) e resistencia á auga, ao que hai que engadir un
acabado de aceiro inoxidable en dúas cores distintas, que comezarán a remitirse
aos seus compradores a partir do dÃa 28 a un prezo de 249 dólares (182,83 euros).
VÃdeo de presentación do Pebble Steel