Os responsables de Microsiervos estrean un libro de divulgación científica e tecnolóxica

xoves, 13 de maio do 2021 Marcus Fernández

Os responsables do blog Microsiervos, Álvaro Ibáñez Alvy e o coruñés Javier Pedreira Wicho, escribiron un interesante libro ilustrado por Teresa Cebrián e editado por Montena que hoxe chega ás librarías. Se suponía que esto era el futuro é unha obra de divulgación científica e tecnolóxica, que dun xeito sinxelo e divertido percorre numerosos temas que constrúen a nosa realidade actual e que dificilmente poderían terse presaxiado no pasado, de aí o título da obra.
O libro fai un repaso histórico da informática e da Internet, desbotando numerosos mitos polo camiño, e aproveitando para reivindicar o papel das mulleres na informática e insistir na necesidade de formar á mocidade no uso da TIC. A intelixencia artificial, a privacidade, os comportamentos na Internet e mesmo as lendas urbanas son materias que se abordan no que aos ámbitos máis tecnolóxicos se refire, pero Alvy e Wicho tamén da era espacial, das pseudociencias e incluso da pandemia que estamos a vivir, de xeito que é unha lectura que pode interesar a un público moi amplo, sendo especialmente recomendable para a mocidade que queira introducirse nos temas abordados.
Está previsto que o venres 21 o libro preséntese na libraría coruñesa Alita Cómics, acto que retransmitirase a través de streaming para facilitar o seu seguimento con seguridade.

PUBLICIDADE