Os tablets Surface estrean teclado con batería incorporada

martes, 11 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O novo teclado para Surface estará dispoñible en varias cores

Un dos puntos fortes da familia de tablets de Microsoft está sen dúbida nos seus teclados físicos, e a partir da semana que vén van mellorar esta gama de accesorios coa incorporación da Surface Power Cover, un teclado que xa pode encargarse nalgúns países por 199,99 dólares (144,33 euros) e que, aparte de cuberta para protexer a pantalla durante os desprazamentos e de teclado completo con trackpad integrado (facendo que os Surface poidan comportarse como un ordenador portátil completo) tamén integran unha batería, incrementando a batería do tablet considerablemente (ata un 70% no caso do Surface 2 e ata un 60% para o Surface Pro 2).
Esta nova funda-teclado con batería ten un grosor de 9,75 centímetros (preto do dobre da versión sen batería) e pesa uns 250 gramos. As súas teclas son mecánicas, conta con teclas de función (F!-F12), inclúe botóns dedicados para métodos abreviados de Windows e controis multimedia e a súa fixación aos tablets Surface.

A Surface Power Cover fíxase magneticamente aos tablets de Microsoft

PUBLICIDADE