Os últimos auriculares de Logitech están orientados a videoconferencias
martes, 3 de agosto do 2021
O uso intensivo de videoconferencias e chamadas de voz en
certos contornos de traballo levou ao deseño dos Logitech
Zone True Wireless, uns auriculares sen fÃos para uso profesional, que
contan con cancelación de ruÃdo e sorprenden especialmente por estar
certificados para Microsoft Teams, Skype for Business, Google Meet, Google
Voice e Zoom (sendo compatibles con outras solucións semellantes) deixando
claro que a súa vocación é corporativa, o que tamén podemos entender polo seu
prezo de 329 euros.
Os auriculares integran micrófono con cancelación de ruÃdo certificada,
tecnoloxÃa ANC e son inmersivo, buscando asà ser ideais para espazos de
traballo abertos.
Tamén permiten a conexión simultánea co ordenador e o
smartphone, podendo personalizar e controlarse os auriculares a través da
aplicación Logi Tune.
Realmente cada auricular integra 3 micrófonos, buscándose asà diferenciar a voz
do usuario do ruÃdo ao seu redor, para o que destaca principalmente o micrófono
máis interno, que capta a voz a través de condución ósea.
AÃnda que os Logitech Zone True Wireless funcionan por Bluetooth, o que resulta
ideal para conectalos ao smartphone, tamén contan cun receptor USB que facilita
unha conexión estable co ordenador.
Coa tecnoloxÃa multipunto facilÃtase o uso
alternante de dúas fontes de audio activas, buscando asà non perder unha
chamada en ningunha ocasión.
Os auriculares teñen unha autonomÃa de 6 horas para xuntanzas co ANC activado
(6,5 horas con el desactivado) ou para 9 horas de reprodución de música co ANC
activado e 12 horas co ANC desactivado. A súa funda de carga poder recargarse
mediante indución ou USB-C. E estes auriculares non están pensados só para o
uso na oficina, xa que contan con certificación IP68, de xeito que poden
empregarse tranquilamente durante a práctica deportiva sen temor a que a humidade
ou a suor poidan estragalos.
Sairán á venda en negro ou en rosa, aÃnda que haberá que agardar ao outono para
poder adquirilos.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Logitech