Os ultraportátiles Asus Eee disfrázanse para incrementar o seu prezo

martes, 21 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Aínda que o Asus Eee PC sexa un dos ultraportátiles de baixo custo máis populares a nivel mundial, Asustek tamén quere aproveitar a súa marca para equipos de prezos máis elevados, e o vindeiro día 30 debería comezar a comercializar en España o Asus Eee PC S101, que sería un portátil

Dirixir os Asus S101 a un público profesional permite quitarlles a etiqueta de baixo custo

con procesador Intel Atom N270, pantalla de 10,2 polgadas con retroiluminación LED e unha resolución de 1.024 x 600 píxeles, 1 Gb de RAM, discos de memoria sólida de 16, 32 ou 64 Gb, Bluetooth, Wi-Fi, webcam, saída VGA, 3 portos USB, Ethernet, touchpad multitáctil, lector de tarxetas de memoria, unha autonomía de 5,4 horas, unhas dimensións de 264 x 180,5 x 18-25 milímetros e un peso de un quilogramo, no que parece que serían as prestacións estándar dun equipo deste tipo, pero que nesta ocasión se trata dun produto máis exclusivo, presentando unha aparencia exterior máis elegante e coidada, que se venderá en 3 cores (marrón, champagne ou grafito) por entre 700 e 800 dólares.
A xogada parece redonda, pois incrementar o prezo dun equipo informático só polo público ao que vai dirixido é un método moi efectivo para a mellora das marxes de beneficio que na meirande parte destes produtos son demasiado axustadas.

PUBLICIDADE