Os usuarios de móbiles de Samsung recibiron unha misteriosa notificación a pasada noite

xoves, 20 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

A pasada noite millóns de smartphones de todo o mundo recibiron unha notificación dun servizo chamado Find My Mobile na que aparecía como mensaxe un 1 (segundo doutro 1), e finalmente confirmouse de que no se trata de spam ou algún tipo de malware, senón que dende Samsung recoñeceron que se tratou dunha mensaxe enviada accidentalmente durante unhas probas internas.
Este incidente tería afectado a usuarios de teléfonos da familia Galaxy, e aínda que aseguran que a notificación enviouse a «un número limitado de dispositivos Galaxy», as reaccións dos usuarios dan a entender que o envío foi masivo, de xeito que chegaría á práctica totalidade dos smartphones de Samsung dos últimos anos, que integran o servizo Find My Mobile para localizar dispositivos extraviados e incluso poder borrar o seu contido e bloquear o seu uso como sistema de pagamento non caso de non poder recuperalo.

PUBLICIDADE