PES 2011 e o novo God of War estrean demos

mércores, 8 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Dende hoxe, os usuarios de PlayStation Plus poden acceder en primicia a dúas versións de demostración de xogos moi agardados para comprobar en primeira persoa as súas virtudes antes que o resto de usuarios das consolas de videoxogos de Sony.
O primeiro xogo do que adiantan demo é o Pro Evolution Soccer 2011, na que o usuario poderá elixir entre un limitado catálogo de equipos (Barcelona, Bayern Munich, Chivas Guadalajara e Internacional) para probar o novo sistema de control e os gráficos que achegará a nova entrega do Pro Evolution Soccer, para axudar a decidir a moitos xogadores entre este título ou o seu principal competidor (o FIFA de EA Sports). A semana que vén estará dispoñible esta demo para todos os usuarios da PS3.
Pero os usuarios da PSP ou a PSPgo estarán aínda máis impacientes por poder probar God of War: Ghost of Sparta, luxo limitado aos usuarios de PlayStation Plus, mentres que o resto de mortais deberán agardar 3 semanas para poder descargar este adianto do futuro xogo de Kratos, que por desgraza chega sen traducir ao español (incluso os textos figuran en inglés).


Teaser de God of War: Ghost of Sparta

O novo God of War para PSP será tan espectacular como a súa anterior entrega

PUBLICIDADE