PES 2012 3D permitirá competir en liña
xoves, 13 de outubro do 2011
Os seareiros dos xogos de fútbol que conten cunha Nintendo
3DS estarán encantados de saber que Konami vén de anunciar que o novo Pro Evolution Soccer 2012 3D vai contar
con novidades como a posibilidade de participar en partidos
en liña de varios xogadores, asà como gozar da licenza exclusiva da UEFA
Champions League, o que facilitará a recreación desta competición na consola
portátil de Nintendo.
O xogo ofrecerá control total en cada pase, pase ao oco, entrada e disparo de
cada xogador, movemento accesible a través do stick analóxico e os botóns ou tamén mediante a pantalla táctil da
consola, á vez que tamén ofrecerá distintos puntos de vista que permitirán tirar
proveito da espectacularidade da pantalla 3D da nova portátil.
PES 2012 3D tamén contará co modo de
xogo Liga Máster, que tanta diversión achegou nas versións para consolas
domésticas do xogo, como a opción de Ser
una Leyenda. A estes modos incorporaranse na nova entrega os modos Liga e
Copa, Adestramento Libre e o modo Edición (que permitirá axustar e editar as
caracterÃsticas dos xogadores e a súas equipacións).
Polo momento non se coñece a data de lanzamento do prometedor xogo.