PIXELKABINETT 42: unha recreativa retro-futurista

luns, 25 de maio do 2015 Marcus Fernández

Hai tempo que as máquinas recreativas con cousa do pasado nos mercados occidentais, conservándose só algúns salóns recreativos meramente anecdóticos en activo, pero moitos nostálxicos queren replicar a experiencia no seu fogar, de aí que non sexa raro ver orixinais solucións para ter unha recreativa no fogar como a PIXELKABINETT 42, un auténtico luxo que véndese a 3.699 euros e que limita a súa fabricación a só 50 unidades, polo que estamos ante unha edición bastante exclusiva.
Esta fermosa máquina recreativa feita a man está inspirada nas vellas máquinas da salas de xogos, pero integra os compoñentes nunha caixa retro-futurista que resulta moi rechamante, e estará dispoñible en distintas cores.
A versión estándar desta máquina inclúe unha placa jamma orixinal a elección do comprador, aínda que tamén ofrécese a posibilidade de incorporar no sistema un ordenador moderno para poder gozar de xogos clásicos a través do coñecido software de emulación MAME.
Este equipo está baseado nunha pantalla LCD de 19 polgadas en formato 4:3, con altofalantes integrados e mandos de xogo de 4-a-8 direccións que cando está pechado ten unhas dimensións de 50 x 40 x 120 centímetros. Temos así un sistema de videoxogos que realmente consegue camuflarse como moble moderno en certos fogares, á vez que achega unha estética orixinal que o fai moi atractivo.

A máquina recreativa goza dun deseño moderno con aire retro realmente rechamante

PUBLICIDADE