Padcaster facilita montar o iPad nun trípode para utilizalo como cámara de vídeo

xoves, 23 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Gravar vídeo dun xeito profesional cun iPad é agora posible grazas a Padcaster, un accesorio que transforma o tablet de Apple nun estudo de produción móbil, facilitando a gravación de vídeo (lembremos que o iPad xa contaba con software de edición) e incluso poden engadirlle obxectivos profesionais mediante outro accesorio chamado Lenscaster, dando lugar a unha combinación impresionante.
O Padcaster non é outra cousa que unha carcasa para o iPad que facilita a súa colocación nun trípode, polo que pode empregarse tanto como cámara como para outras funcións como monitor, teleprompter, claqueta ou fonte de luz. O seu prezo é de 149 dólares, e co Lenscaster que permite engadirlle obxectivos á cámara o prezo queda en 189 dólares.

PUBLICIDADE