Pagan 114.000 dólares por unha copia de Super Mario Bros.

luns, 13 de xullo do 2020 Marcus Fernández

O pulo do retro e do coleccionismo de videoxogos está a levar a valoracións de produtos clásicos moi esaxeradas, como a poxa que veñen de pechar en Heritage Auctions, onde ofreceron 114.000 dólares (100.668 euros) por unha copia sen abrir do Super Mario Bros.de NES, o que sería a meirande cantidade pagada nunca por un único xogo. A copia en cuestión é bastante rara, xa que correspondería ás primeiras unidades comercializadas nos EE.UU: en 1985, e tería superado o record anterior que conseguira este mesmo xogo nunha poxa (100.150 dólares).
As poxas de videoxogos con prezos desorbitados é algo cada vez máis habitual, e podemos lembrar como hai poucos meses ofrecían 360.000 dólares por un prototipo de consola alcumada como a Nintendo PlayStation, o que sería unha das poxas do sector máis elevadas da historia.

PUBLICIDADE