Panasonic confirma o lanzamento dunha videocámara micro catro terzos

luns, 13 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Panasonic anuncia o lanzamento da súa cámara de vídeo AG-AF100, que asegura ser a primeira en adoptar o estándar de micro catro terzos que é capaz de gravar vídeo en alta definición (a 1.080i a 60 cadros por segundo ou a 1.080p a 30 imaxes por segundo). Esta cámara aceptaría obxectivos intercambiables (á venda de xeito independente), gravaría en tarxetas de memoria SDHC e SDXC, e non esquecería incorporar 2 entradas de son XLR, saída HDMI, porto USB 2.0 e saída HD/SD SDI, polo que estariamos nunha gama profesional de cámaras, de aí que o seu prezo sexa de 837.900 iens (7.775,67 euros) cando chegue ao mercado nipón en decembro, chegando pouco despois a Europa a un prezo por determinar.

PUBLICIDADE