Panasonic presenta a cámara máis delgada cun zoom óptico de 20x
mércores, 1 de febreiro do 2012
A carreira polos megapÃxeles nas cámaras dixitais ten
demostrado ser bastante ridÃcula, pois non sempre supón unha mellor calidade das imaxes, algo que si
conseguen as melloras das ópticas, o que cada vez está menos rifado co formato
compacto, como demostra a nova Panasonic
Lumix DMC-ZS20, que nun corpo cun grosor de só 2,8 centÃmetros consegue agochar un zoom óptico de 20x,
asegurando Panasonic que é a cámara máis delgado do mundo con tal nivel de
zoom.
A cámara tamén conta cun sensor High Sensivity MOS de 14 MpÃxeles, pode
disparar ráfagas de 10 imaxes por segundo a máxima calidade, grava vÃdeo Full
HD a 60p en formato AVCHD, pode tomar vistas panorámicas e tamén pode facer
instantáneas HDR. Conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas, cárgase mediante
USB e integra GPS. Chegará ás tendas en marzo en negro, vermello, branco e prata
por 349,99 dólares.
- A óptica de 20 aumentos agóchase nun corpo de menos de 2,8 centÃmetros de grosor