Panasonic presenta un tablet convertible para educación
luns, 30 de xuño do 2014
Para
levar ordenadores ao mundo da educación realizáronse diversidade de achegas nos
últimos anos como ordenadores portátiles de baixo custo ou portátiles
resistentes, e combinando ambos tipos de produto Panasonic quere distribuÃr
agora nos centros de ensino o E3, un
equipo deseñado coa colaboración de Intel Education e Microsoft, que vén a
ser un tablet convertible, que inclúe tanto teclado con touchpad (que pode
separarse da pantalla) como lapis dixitalizador, converténdose nun sistema moi
versátil, que incluso goza dunha grande resistencia (IP51) de xeito que
soportarÃa caÃdas (até dende 70 centÃmetros de altura) ou derrames de lÃquidos
que estragarÃan un ordenador portátil ordinario.
O Panasonic E3 funciona cun procesador Intel Atom Z3740D de catro núcleos a 1,3
GHz, 2 Gb de RAM, 32/64 Gb de almacenamento interno, gráfica Intel HD, pantalla
táctil IPS de 10 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, Bluetooth
4.0, NFC opcional, conectividade LTE opcional, 1 porto USB 3.0 na pantalla, un
porto USB 2.0 no teclado, un lector de tarxetas microSD, saÃda micro HDMI, un
sensor térmico para poder axudar para o uso do equipo no laboratorio e incluso
unha lente de aumento para converter a cámara traseira de 5 MpÃxeles nun
microscopio, cámara frontal de 1,26 MpÃxeles, Wi-Fi N, e baterÃa de 7.600 mAh
(que achegarÃa unha autonomÃa de 8 horas, o que serÃa suficiente para unha
xornada completa de aulas). O tablet ten un grosor de 11,6 milÃmetros e un peso
de 683 gramos, mentres que se conectamos o teclado teremos un grosor total de
27,8 milÃmetros e un peso de 1.173 gramos.
Polo momento este equipo limitará a súa distribución aos EE.UU., pero non serÃa
de sorprender que durante o vindeiro curso chegue a algún centro educativo
español a través dalgunha proba piloto.
- O novo equipo de Panasonic goza de grande versatilidade, podendo funcionar como tablet, portátiles e equipamento de laboratorio