Panasonic presenta unha videocámara doméstica con cámara secundaria integrada
xoves, 9 de xaneiro do 2014
Para comezar 2014 innovando, Panasonic presenta a súa nova
videocámara doméstica HC-W850, que contará con grandes opcións creativas por
integrar dúas cámaras, xa que, aparte
da cámara principal, na súa tapa lateral tamén incluirá unha pequena cámara
rotatoria, facilitando que poidamos gravar dúas imaxes á vez, o que
permitirÃa o rexistro de distintos planos nunha mesma escena ou incluso gravar
a dúas persoas á vez, por exemplo, nunha entrevista. Durante as gravacións, a
imaxe captada pola cámara secundaria aparece en pequeno nunha das esquinas do
vÃdeo no efecto popularmente coñecido como Picture-in-Picture.
Pero a Panasonic
HC-W850 non só destaca pola súa cámara secundaria, senón que tamén integra
Wi-Fi e NFC, facilitando a súa interconexión co smartphone para poder controlar
remotamente a cámara dende o móbil e incluso permitindo a transmisión en
directo a través da Internet (polo servizo Ustream) ou o uso como monitor de
bebé.
A nova cámara tamén coida a calidade de imaxe, para o que conta cun sensor BSI
de 6,03 MpÃxeles, unha grande velocidade de procesamento co novo motor Crystal
Engine Pro+, un sistema de estabilización de imaxe de 5 eixes, sistema de
redución de ruÃdo e incluso unha modalidade de gravación en cámara lenta de
alta definición que permite rexistrar 240 imaxes por segundo en Full HD
mediante un sistema intelixente de creación de fotogramas. Tamén conta con
controis creativos como o efecto miniatura, o de pelÃcula de 8 milÃmetros e
incluso o time lapse.