PayPal Here facilitará os pagamentos móbiles con tarxetas bancarias

venres, 22 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

De cara ao Mobile World Congress de Barcelona Paypal está a anunciar que prevé comezar a comercializar durante o verán en Reino Unido unha solución de pagamentos con tarxeta bancaria dende o smartphone a través dun lector compatible con tarxetas con chip e PIN (e non só con banda magnética, como acontece nos EE.UU.) para facilitar os pagamentos en calquera momento e lugar, resultando de grande utilidade para pequenas empresas, que teñen así unha alternativa ao efecto para cobrar polos seus produtos e servizos a cambio dunha pequena comisión.
Esta nova solución chámase PayPal Here, é compatible con tarxetas de débito e crédito (e PayPal) e baséase nun dispositivo que comunícase co iPhone ou cun móbil con Android a través de Bluetooth, mecánica que pode sorprender polo feito de ser moi semellante a SetPay, solución desenvolvida dende Santiago de Compostela, que xa está operativa, e que demostra que non é preciso ser un xigante como PayPal para poder innovar nos sistemas de pagamento.


Vídeo no que se explica o funcionamento de PayPal Here

PUBLICIDADE