Pentax presenta unha nova cámara resistente á auga

venres, 23 de maio do 2008 Marcus Fernández

Pentax anunciou o lanzamento da súa nova cámara dixital compacta Optio W60 para o vindeiro mes de xullo a un prezo de 239,95 dólares (209,54 euros), que cunha resolución de 10 Mpíxeles, zoom de 5X e a posibilidade de operar na auga ata a 4 metros de profundidade durante 2 horas e tolerar temperaturas extremas (ata 10 graos baixo cero) se converte nunha opción moi interesante para capturar imaxes de deportes acuáticos ou, simplemente, para tolerar un uso en condicións adversas.
Tamén destaca por permitir gravar vídeo a unha resolución de 1.280 x 720 píxeles (comparable á televisión en alta definición a 720 liñas progresivas), recoñecer caras, sorrisos e pestanexos e poder axustarse a súa sensibilidade ata ISO 6.400.

PUBLICIDADE