Pequenas memorias de 32 Gb e resistentes á auga

mércores, 29 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Este tipo de unidades de memoria é resistente á auga

Super Talent anunciou a súa familia Pico de memorias USB que pese a ocupar só 31 x 12 milímetros e pesar menos de 6 gramos, permiten acoller entre 2 e 32 Gb de datos no seu interior e, incluso son resistentes á auga, de xeito que poden transportarse con certa tranquilidade, incluso no noso chaveiro.
Estas unidades permiten unha velocidade de lectura de ata 30 Mb/seg. e incluso contarán con modelos con soporte de encriptación AES-256 para manter os datos seguros no seu interior.
A unidade Pico C de 32 Gb véndese a 85 dólares, mentres que as unidades con soporte criptográfico incrementan o seu prezo ata os 100 dólares.

PUBLICIDADE