Pequeno adaptador USB para tarxetas de memoria microSDHC

venres, 7 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Para facilitar a cargas de contidos a tarxetas de memoria microSD é posible utilizar lectores USB de xeito que compórtanse coma memorias USB ordinarias, pero normalmente teñen un tamaño semellante ás mesmas, polo que sorprende que Buffalo comezase a vender tarxetas microSDHC co seu propio lector USB que destaca por ter un tamaño sumamente reducido.
Inicialmente estes lectores USB de 5 milímetros véndense no Xapón en capacidades de 2, 4 e 16 Gb a 3.250, 4.200 e 15.500 iens respectivamente (23,46, 30,32 e 111,91 euros), e aínda non se coñece cando estarán á venda en Europa.

PUBLICIDADE