Pequeno ordenador para a reprodución multimedia de Xtreamer

luns, 21 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Os ordenadores de pequeno tamaño orientados á reprodución multimedia están a gozar de certa popularidade grazas a que a tecnoloxía que alimenta os ordenadores ultraportátiles e tablets pode aplicarse agora a estes trebellos para que ocupen pouco espazo no salón doméstico á vez que teñen dunha versatilidade maior que simples reprodutores multimedia dedicados. Dentro desta liña de produtos desta o Xtreamer Ultra, un ordenadro que funciona cun procesador Intel Atom D525 de dobre núcleo a 1,83 MHz, con tecnoloxía nVIDIA ION 2 (que permítelle reproducir vídeo a 1.080p), conectividade eSATA, 6 portos USB 2.0, Wi-Fi N (opcional), Gigabit Ethernet, ata 4 Gb de RAM, refrixeración híbrida pasiva-activa cun silencioso ventilador e cun sistema operativo baseado en código aberto preparado para arrincar por USB coas funcións propias dun equipo HTPC. Pero o rechamante non son que todas estas prestacións poidan xuntarse nun equipo de 21,3 x 14,2 x 5,35 centímetros, senón polo feito de que algúns afortunados poderán optar por adquirilo a metade de prezo, ou sexa, a só 100 dólares, o que é todo unha ganga para un equipo tan versátil.

PUBLICIDADE