Philips lanzará un disco NAS de 500 Gb con conexión Gibabit

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Philips estreou un disco NAS, ou sexa, un sistema de almacenamento en rede, de 500 Gb de capacidade e que destaca por contar con conexión Gigabit Ethernet (o que lle permite unha elevada velocidade de acceso ós seus datos) e un porto USB dende o que se poden conectar máis discos duros para incrementar a súa capacidade.
O Phillips SPD8020 conta cunha carcasa de aluminio e un modo de baixo consumo para aforrar enerxía cando non se estea usando. A vantaxe deste tipo de unidades está en que non hai que conectalos a un PC para compartilos en rede (sendo unha solución de almacenamento moi atractiva para as PEME) e nesta ocasión destaca o seu prezo reducido, pois se venderá a partires do verán a 229 euros.

PUBLICIDADE