Philips presenta un Tablet PC para uso médico
martes, 23 de outubro do 2007
Philips ten toda unha liña de produtos de electrónica
dedicados a uso médico, e como exemplo podemos descargar o CliniScape, que é unha
pantalla táctil de 10,4 polgadas e cunha resolución de 1.024x768 pÃxeles que
funciona a xeito de axudante clÃnico que asista a médicos e enfermeiras a obter
máis informacións nas súas tomas de decisión en hospitais.
O dispositivo só pesa 1,6 quilogramos, ten unha autonomÃa de 3,5 horas e está
optimizado para contornos hospitalarios (pode somerxerse en desinfectante ata 1 metro de profundidade, o
que facilita o seu mantemento hixiénico).
O CliniScape funciona con Windows Vista Business, ten un procesador Intel Core
Solo a 1,2 GHz, conectividade Wi-Fi, Bluetooth (o que permite o uso de sensores
externos), USB, cámara dixital de 2 MpÃxeles (para facilitar a toma de instantáneas
de feridas de pacentes) e un lector de códigos de barras. Comezará
a comercializarse na primavera de 2008.