Pioneer presenta a súa gravadora de Blu-ray a 12x

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Pioneer anunciou hoxe a súa gravadora de discos Blu-ray BDR-205, que é a primeira do mercado en gravar a 12x en discos de unha ou dúas capas (de 25 e 50 Gb respectivamente), resultando igualmente válida para a gravación de DVD e CD, medios para os que consegue velocidade de escritura de 16x e 40x respectivamente.
Esta unidade interna porase á venda no primeiro trimestre de 2010 a un prezo de 249 dólares (170,13 euros), facilitando tanto o almacenamento dos contidos de 10 discos DVD-R nun único Blu-ray ou a gravación de vídeo en alta definición.

PUBLICIDADE