Plants vs. Zombies: La Batalla de Neighborville chega a PC e consolas domésticas

venres, 18 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Dende PopCap conseguiron converter o xogo para móbiles Plants vs. Zombies en todo un fenómeno, que curiosamente conservouse no tempo saltando de xénero, e do xogo de estratexia orixinal saíron varios xogos de acción en terceira persoa, que dende o Garden Warfare de 2014 foi progresando até o último Plants vs. Zombies: La Batalla de Neighborville, que a partires de hoxe pode adquirirse para Xbox One, PlayStation 4 e PC.
Este novo e absurdo shooter presenta a 20 clases de personaxes totalmente personalizables, tres rexións libres de exploración, un modo de xogador contra o contorno e seis modos de xogador contra xogador. Podemos xogar en solitario ou xuntarnos con amigos en cooperativo a pantalla dividida, de xeito que podemos xuntarnos con até 3 xogadores para loitar en rexións de libre exploración ou saltar á contenda con até 24 xogadores nun modo multixogador en liña con xigantes escaramuzas urbanas.
Este xogo de acción é un bo xeito para reconectar cunha franquía que ameaza con recuperar a súa relevancia, xa que PopCap Games está a traballar en Plants vs. Zombies 3, xogo para móbiles que hai uns meses desenvolveu unha alfa para Android, e que deixa ver que teremos un novo título free-to-play con compras integradas na aplicación.

Tráiler do novo Plants vs. Zombies

PUBLICIDADE