Pokémon GO estréase no Xapón
venres, 22 de xullo do 2016
En vista do éxito que o xogo Pokémon GO conseguiu
con seu lanzamento en Nova Zelandia, Australia e EE.UU., que provocou o colapso
frecuente dos servidores do xogo, o espallamento internacional do xogo tivo que
pisar o freo, e alongarse no tempo, o que provocou unha situación bastante curiosa,
na que un dos paÃses que máis teñen que agardar polo xogo é precisamente Xapón,
onde naceu a franquÃa, pois ante a elevadÃsima demanda prevista no paÃs nipón
decidiron adiar o seu lanzamento local até poder escalar os servidores do xogo
para poder atender aos millóns de xogadores que probablemente proben o esta fin
de semana, xa que finalmente a aplicación para
iOS e Android chegou alà a pasada noite.
A estrea de Pokémon GO no Xapón é moi
relevante non só polo volume de xogadores que engadirá ao xogo de moda, senón
tamén polo feito de que suporá a estrea da primeira iniciativa publicitaria
ligada ao xogo, xa que os
preto de 2.900 restaurantes de McDonald’s no Xapón serán tratados de xeito
preferente pola aplicación, de xeito que 400 establecementos converteranse
en ximnasios Pokémon onde poderán competir os xogadores, mentres que o resto de
locais serán poképaradas nas que os xogadores poderán atopar elementos para o
xogo (como pokébolas).
VÃdeo no que dan a benvida aos xaponeses a Pokémon GO
Un reto case imposible de completar
Outro detalle dos que soubéronse detalles nas últimas horas é na dificultade de facerse con todos os 151 Pokémon orixinais no xogo, xa que un usuario norteamericano xa deu conta de que capturara 142 Pokémon distintos (dun total de 4.269 Pokémon), para o que tivo que dedicarlle ao xogo unhas dúas semanas, preto dun cento de horas e camiñar 153 quilómetros. Pero tras ese grande logro resulta que este entusiasta adestrador de Pokémon non poderá superar o seu reto, xa que existen unha serie de criaturas que están ligadas a rexións xeográficas afastadas, de xeito que Mr. Mime é exclusivo de Europa, Kangaskhan de Australia e Fartetch’d de Asia, mentres que o resto de Pokémon (Articuno, Ditto, Mew, Mewtow, Moltres e Zapdos) aÃnda non foron vistos por ningún xogador no que vai de mes.