Pokémon Platino vende 1 millón de copias no Xapón en 2 días

xoves, 18 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Parecía que xa nos podiamos esquecer da saga de xogos que nacera en 1996 para Gameboy, pero Pokémon é unha franquicia resistente que non só conta con moitos produtos derivados (serie de televisión, películas, xogos de cartas, mangas e todo tipo de merchadising) senón que é capaz de manter o seu poder nas consolas portátiles de Nintendo, posto que o pasado día 13 saíu no Xapón o xogo Pokémon Platino para Nintendo DS, conseguindo vender 1 millón de unidades en apenas 2 días, polo que podería chegar a liderar as listaxes de vendas semanais e mesmo mensuais.
O ritmo de vendas de Pokémon Platino superou con creces a grandes éxitos no Xapón coma Monster Hunter Portable 2nd G, Smash Bros. Brawl ou Dragon Quest V DS.

PUBLICIDADE