Pokémon UNITE chegará a móbiles o 22 de setembro
mércores, 18 de agosto do 2021
O mes pasado chegou a Nintendo Switch o xogo Pokémon
UNITE, tÃtulo con vocación de multiplataforma con xogo cruzado que
curiosamente combinará a súa versión para Switch con plataformas móbiles, polo
que veñen de abrir o rexistro
nas tendas de aplicacións de Android e de iOS, de xeito que os
usuarios que indiquen o seu interese por este tÃtulo free-to-play recibirán un
aviso e recompensas cando o xogo chegue a móbiles o 22 de setembro.
Pokémon UNITE é o primeiro xogo de Pokémon de combates estratéxicos de 5
contra 5 por equipos, podendo os xogadores participar en combates contra
adestradores de todo o mundo con independencia de se están nunha Switch ou nun
móbil se fan uso da súa conta do Club de Adestradores Pokémon ou da súa conta
Nintendo, á vez que tamén poderán ter os progresos sincronizados en ambos
dispositivos.
A proposta de Pokémon UNITE é moi diferente ao que estamos afeitos no
mundo dos Pokémon, xa que nesta ocasión adopta mecánicas propias dun MOBA, de
xeito que haberá que ir derrotando aos Pokémon que aparecen no mapa e ir
avanzando até destruÃr a base dos rivais. A acción está ambientada na illa
Aeos, na que entra en xogo a enerxÃa Aeos, que permite facer evolucionar os
Pokémon. O xogo tamén conta con varios tipos de moedas virtuais (xemas, moedas
e tÃckets) dos que só as xemas precisarán do pagamento con cartos reais, pero
como están enfocadas basicamente á compra de elementos estéticos podemos
entender que o xogo quere afastarse do modelo de negocio do pay to win,
ou sexa, que os xogadores poderán progresar por méritos propios e non en
función dos cartos que gasten.