Polaroid Now+, unha cámara instantánea para disparar a creatividade

martes, 31 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Dende Polaroid continúan a mesturar os aires clásicos das cámaras instantáneas coas posibilidades tecnolóxicas actuais, e presentan a nova cámara instantánea Polaroid Now+, que sae hoxe á venda a un prezo de 149,99 euros en 3 cores distintas e presumindo de ser a cámara máis creativa de Polaroid, para o que conta con 5 filtros de efectos e 2 modos adicionais (prioridade de apertura e modo trípode) accesibles a través dunha aplicación móbil.
A nova cámara permite pintar con luz, disparar con dobre exposición para fusionar imaxes, sacar fotografías en modo manual para xogar coa profundidade de campo e outras posibilidades que logo poden plasmarse en películas i-Type (papeis de 107 x 88 milímetros cun recadro de imaxe de 79 x 79 milímetros que tardan entre 10 e 15 minutos en revelarse).

Un xogo de filtros axuda a realizar fotografías con grande creatividade coa Polaroid Now+
Para algunhas das funcións da cámara é preciso empregar unha aplicación móbil

PUBLICIDADE