Polaroid prepara o lanzamento dunha impresora fotográfica instantánea

mércores, 14 de novembro do 2007 Marcus Fernández

As cámaras Polaroid achegaron ó público o concepto da fotografía instantánea, pero xa son cousa do pasado, aínda que a súa filosofía se pode trasladar á fotografía dixital grazas a un produto que Polaroid desenvolve con Zink, consistente nunha impresora fotográfica que se pode empregar para levar ó papel tanto imaxes tomadas cunha cámara dixital como a través do móbil.
A Digital Instant Mobile Photo Printer produce fotografías de 2 x 3 polgadas a sangue (sen bordes) e parece que a súa chegada ó mercado de consumo vai ser inminente.

PUBLICIDADE