PopStar Guitar permitirá aos usuarios da Wii aforrarse unha guitarra para a súa consola

mércores, 8 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O AirG permite converter o mando da Wii nun instrumento musical para o PopStar Guitar

Midway Games achegará en novembro o xogo PopStar Guitar ás tendas españolas nas súas versións para Nintendo Wii e PlayStation 2, e este novo título musical non só permitirá interpretar temas de éxito de Rihanna, The Jonas Brothers, Miley Cyrus e Maroon 5 (cun total de 60 cancións), senón que na súa entrega para Wii incluirá 2 AirG, que son uns accesorios para o mando da consola que case o transforman nunha guitarra para o Guitar Hero (pois inclúe os habituais botóns de cores) sen ter que pagar un prezo adicional (e co aforro de espazo que supón), o que agradecerán moitos xogadores ocasionais (que non son proclives á adquisición de periféricos para o seu uso cun par de títulos).
Este novo non destaca só polo AirG, senón que tamén conta cunha selección musical que fuxe do rock máis duro, para elixir temas máis populares e aptos para todos os públicos, converténdose nun xogo máis doado de atraer aos usuarios da Wii. Poderiamos considerar que é o Singstar dos xogos de guitarra, e contará tanto con modo Carreira para 1 xogador como partidas rápidas individuais, e minixogos/retos multixogador.
A versión para PS2 do xogo non contará co AirG e se poderá empregar coas guitarras existentes no mercado (válidas para xogos coma Guitar Hero e Rock Band).


Anuncio do PopStar Guitar

PUBLICIDADE