Portal estreará versión para nVIDIA SHIELD
martes, 25 de marzo do 2014
- Jen-Hsun Huang presentou hoxe a nVIDIA GeForce GTX TITAN Z, gráfica que terá un prezo duns 3.000 dólares
No
marco da GPU Technology
Conference, Jen-Hsun Huang, director xeral de nVIDIA, anunciou os seus
plans para lanzar en 2016 as novas
gráficas Pascal (na honra do matemático francés do século XVII), presentou a
impresionante tarxeta GeForce GTX TITAN Z (que integra 2 procesadores
gráficos Kepler e 12 Gb de memoria dedicada, conseguindo unha experiencia de
xogo multi-monitor e 5K que adiántase sobradamente ás demandas do mercado) e
tamén da conta dunha rebaixa da súa consola portátil, a nVIDIA SHIELD, que pasará a custar 199
dólares por tempo limitado.
A nVIDIA SHIELD, ao integrar un procesador Tegra 4, é capaz de correr gráficos
de grande calidade, converténdose nunha consola de videoxogos portátil difÃcil
de igualar, que entre as súas prestacións destaca por poder correr de xeito
remoto xogos de ordenador (incluÃndo algunhas das grandes estreas como Titanfall) e por correr con Android (o
que facilita o acceso a un amplo catálogo de máis de 300 xogos optimizados para
esta plataforma). Pero non só o prezo será unha novidade para esta consola, senón
que tamén actualizarase en breve a Android 4.4.2, recibirá moitos máis xogos e
incluso vai
gozar en breve dunha versión nativa do clásico xogo de Valve Portal, gañador de máis de 70 premios
da industria e cunha puntuación en Metacritic de 95 sobre 100, por saber
innovar como un xogo de quebracabezas con interface de FPS.
VÃdeo no que anuncian Portal para nVIDIA SHIELD