Portátil Toshiba con 512 Gb de SSD

venres, 15 de maio do 2009 Marcus Fernández

As unidades de memoria sólida están chamadas a substituír aos discos duros nos ordenadores portátiles ante as súas vantaxes en velocidade, consumo e ruído, aínda que para a súa popularización deberán superar o atranco do seu elevado prezo, aínda que iso non evita que fabricantes coma Toshiba comercialicen equipos con estas unidades, e incluso cheguen a integrar nos mesmos discos de ata 512 Gb.
O Toshiba Portégé R600-ST4203 sería o primeiro portátil do mundo en incorporar unha unidade SSD de 512 Gb, o que supón un importante salto de capacidade para este tipo de discos, que habitualmente están nun rango de entre 32 e 128 Gb.
O equipo funciona cun procesador Intel Core 2 Duo SU9400, 3 Gb de RAM, Wi-Fi (802.11a/g/n), Bluetooth e o sistema operativo Windows Vista Business (podendo elixirse entre a versión de 32 ou 64 bits, e incluso a súa involución en Windows XP Professional) a un prezo de 3.499,99 dólares (2.580,92 euros).

PUBLICIDADE