Preparan unha consola capaz de usar vellos xogos de cartuchos
luns, 25 de marzo do 2013
No
mercado non son poucos os dispositivos que permite executar emuladores para
rememorar os vellos xogos de consolas clásicas, pero sempre partindo de copias
dos mesmos, e non dos orixinais, e para os que queiran poder gozar dos seus
vellos cartuchos dende Hiperkin anuncian que están a traballar na Retron
5, unha consola de videoxogos retro
capaz de ler cartuchos de Megadrive, NES, SNES, Game Boy, Game Boy Color e Game
Boy Advance tanto de versións PAL como NTSC, ou sexa, que serÃa capaz de
funcionar con practicamente todos os cartuchos de centos de xogos de consolas
que empregaban este tipo de soporte para almacenar o seu software.
Esta curiosa consola contará cun mando Bluetooth con cruceta e botóns de
disparo e outros botóns adicionais, que poderemos programas para adaptar ao
noso estilo de xogo. Contará cun porto USB para cargar o mencionado mando, e HDMI
para saÃda de vÃdeo de alta definición.
Agárdase que a Retron 5 chegue ao mercado no mes de xullo a
un prezo inferior aos 100 dólares.
- A Retron 5 permitirá xogar con cartuchos de numerosas videoconsolas clásicas