Preparan unha funda-gamepad para o iPad mini

luns, 15 de abril do 2013 Marcus Fernández

A versión PRO do Game D terá 2 mandos analóxicos integrados, vibración e retroiluminación

Non son poucas as cubertas para tablets que permite o seu uso como teclado, e recuperando este concepto e dándolle un uso máis lúdico anuncian a funda Game D, deseñada para o iPad mini e fabricada cunha aliaxe de aluminio, de xeito que achega unha boa protección á vez que engade controis físicos para xogos, que grazas a uns imáns integrados permite a colocación do tablet tanto en horizontal como en vertical.
Nun principio este accesorio funcionaría cos xogos deseñados para o iCADE, aínda que no futuro publicarase o código fonte para facilitar a súa integración noutros xogos, aínda que polo momento limítase a ser un proxecto de micro-mecenado que permite reservar o seu modelo básico por 39 dólares e un modelo máis completo por 59 dólares (que inclúe retroiluminación, controis analóxicos e vibración).
Este proxecto espera converterse nunha realidade a finais de agosto, estando tamén prevista unha versión desta solución para o Nexus 7, que remitirían aos compradores un mes despois.


Vídeo de presentación deste proxecto de micro-mecenado

O Game D encerra un gamepad nunha delgada cuberta para a pantalla do iPad mini
O Game D facilita o goce de numerosos xogos no iPad mini
A funda permite colocar o tablet nunha posición axeitada para a reprodución multimedia

PUBLICIDADE